Desvalixan unha casa de Lugo simulando que eran 'okupas'
En Lugo, a Policía Nacional detivo cinco persoas que durante varios dias estiveron a desvalixar unha vivenda unifamiliar simulando que eran uns okupas.
A casa é propiedade dun matrimonio de idade avanzada que agora reside cuns familiares a causa da covid-19. Valoran en máis de 30.000 euros os útiles subtraídos.
Dúas mulleres e tres homes, todos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, introducíronse ilegalmente nunha casa unifamiliar no centro de Lugo e durante varios días.
Os veciños, ante o que semellaba unha ocupación da vivenda, alertaron os propietarios, un matrimonio maior, de 91 e 84 anos, que dende o confinamento se trasladou a vivir á casa duns familiares.
Cando chegaron á casa descubriron que moitas das súas pertenzas estaban envoltas en fardos feitos con sabas listos para levar. Os accesos á casa estaban bloqueados con mobles.
Deron aviso á policía, que detivo os cinco ocupantes. Os propietarios denunciaron a desaparición de cartos, xoias e un abrigo de visón. O inmoble sufriu numerosos estragos, con danos nos mobles e desorde en xeral.