CRTVG

Buscar

Desfán un posto de venda cunha furgoneta nunha liorta en Lugo

Publicado o 23/04/2021 13:28
Desfán un posto de venda cunha furgoneta nunha liorta en Lugo

O regreso á normalidade no mercado de Lugo viuse alterado por unha liorta entre clans de comerciantes. Un dos implicados esnafrou esta furgoneta contra un dos postos de venda do clan rival, deixándoo esnaquizado por completo, e, o que é peor, poñendo en risco as persoas que andaban pola feira ao circular a alta velocidade.

A situación foise quentando e un dos agredidos bateu cun ferro no vehículo e rompeulle boa parte dos cristais. Numerosos axentes da Policía Nacional e Local tiveron que intervir para separar os membros de ambos clans e impedir unha batalla campal. Xa se investiga se o sucedido se debeu á ocupación dos postos no mercado ou se había conflitos familiares previos.

Noticias web

23/04/2021