Destínanse 55 millóns para rebaixar a AP-9 e suprimir a peaxe do tramo Vigo-Redondela
Publicado o 28/10/2020 21:40
Os presupostos xerias do Estado recollen unha partida de 55 millóns de euros para rebaixar as peaxes da AP-9 e outra para suprimir totalmente a peaxe do tramo Vigo-Redondela.
Ademais, tamén se recolle neles a supresión da suba do 1% que Audasa aplica anualmente para financiar a ampliación da ponte de Rande.
Máis alá da AP-9, en total, as contas públicas destinan a Galicia máis de 800 millóns de euros.