CRTVG

Buscar

Destapan un calote de contratos falsos para traballar no hospital de Lugo

Publicado o 12/02/2020 13:45

O calote remóntase ao ano 2008. Os estafadores, dous irmáns e unha amiga, que aproveitaron a època da fase final das obras do novo hospital lugues e polo tanto a sua inminente apertura. As súas vítimas, persoas que non dubidaran da súa confianza, amigos e coñecidos.

Ofrecíanlles un contrato fixo para traballar nun dos servizos externalizados do hospital: limpeza, cociña ou nas ambulancias. O enredo eran os supostos contactos que tiñan con empresarios. Para iniciar as xestións para conseguir ese contrato pedíanlles unha cantidade de cartos, o resto aboaríano cando se asinara o falso contrato.

As entregas de cartos variaban segundo o poder adquisitivo das súas vítimas, dende os 6.000 ata os 24.000 euros, algún pai mesmo chegou a pedir un crédito para obter un traballo para os seus fillos. A cifra total estafada supera os 386.000 euros. 

"Piden unha cantidade máis pequena pero importante, pola importancia que ten conseguir un contrato laboral, e asegúranse de que podes pagala", di Víctor Muñoz, voceiro Facua Galicia.

Segundo o escrito de Fiscalía, as vítimas superan a trintena. O caso está a piques de ir a xuízo oral. O fiscal pide para os tres acusados 18 anos de prisión por un delito continuado de estafa.

Noticias web

12/02/2020