CRTVG

Buscar

Despréndese unha parte dun banco do pazo de Fefiñáns

Publicado o 14/05/2021 14:24
Despréndese unha parte dun banco do pazo de Fefiñáns

O pazo de Fefiñáns, en Cambados, sufriu onte o desprendemento dun dos seus balcóns. Unha peza de pedra de tamaño considerable precipitouse cara a praza. Por sorte, non houbo ningún ferido e os operativos aseguraron a zona para evitar perigos ante posibles desprendementos. Os propietarios darán parte á Direción Xeral de Patrimonio, que decidirá cales son os pasos que se van seguir agora.

Noticias web

14/05/2021