Despregamento policial na contorna do Obradoiro para reducir unha muller que ameazaba con autolesionarse
Publicado o 06/05/2021 12:43
Sucedeu ao mediodia na avenida de Raxoi. A muller camiñaba polas escaleiras de acceso ao Obradoiro e caeu. Un médico que estaba nunha das terrazas e o propietario dun dos restaurantes foron axudala e reaccionou alterada berrando. Mesmo sacou un pequeno coitelo que levaba na cazadora e ameazou con autolesionarse. Foi entón cando varias testemuñas avisaron a policía e congregáronse na zona varias patrullas.
Ao parecer, a muller adoita pedir esmola pola rúa, aínda que nunca tivera unha reacción violenta. Cando a reduciron e calmaron foi trasladada en ambulancia a un centro sanitario.