CRTVG

Buscar

Desprazarse a pé ten premio en forma de leite

Publicado o 19/09/2019 21:40

Fomentar o consumo de leite galego, premiar os veciños que se desprazan a pé pola cidade e promover os envases máis sustentables. Ese é o triplo obxectivo da campaña que estes días desenvolve a empresa Deleitar. Baixo o nome de 'Parking sustentable. Aparca as túas pernas', serviron leite de balde en Lugo. Mañá van estar na Coruña e o sábado en Vigo. 

Os veciños de Lugo que esta tarde optaron por camiñar no canto de coller o coche tiveron o premio de degustar leite cen por cen galego. A empresa Deleitar quixo promover o uso do que consideran o vehículo menos contaminante: as pernas. Así. serviron de balde leite enteiro e semidesnatado aos viandantes ao tempo que os informaban dos beneficios do seu consumo.

"Un aparcadoiro para o vehículo máis sustentable que existe, que son as nosas pernas. Os veciños poden tomar o leite fresco nas diferentes variedades que temos".

O leite galego, ademais de nutritivo é moi rencomendable, entroutras cousas, para coidar a voz. E é unha experta quen o asegura.

"Para a voz din que é moi bo o leite e algo terá. Eu sempre o tomo con mel ou con limón e vaime moi ben".

Os envases deste leite están feitos nun 80% de cartón e nun 20% de plástico que se elabora a partir de cana de azucre e non de petróleo, polo que a emisión de CO2 na súa fabricación é a máis reducida do mercado.

Noticias web

19/09/2019