CRTVG

Buscar

Despois do tren de borrascas volve o bo tempo

Publicado o 05/03/2020 13:52

Hoxe nada nos lembra a Jorge, Karine ou Leon, as borrascas coas que se estreou o mes de marzo. Póñenlle nome sempre que levan aparellada unha alerta laranxa por vento, pero non todas deixaron pegada en Galicia.

De feito, agora aproxímase outra borrasca, bautizada como Myriam, que deixará inestabilidade e chuvascos hoxe e mañá. E coma sempre, nunca chove a gusto de todos.

Para os que están fartos da chuvia, boas novas: a partir de mañá pola tarde, o tempo anticiclónico vaise instalar en Galicia. Aínda así, pode haber algún día inestable, pero para a semana darémoslle descanso ao paraugas.

Noticias web

05/03/2020