CRTVG

Buscar

Despois do Nadal e ata abril, chegan as rebaixas a Galicia

Publicado o 06/01/2019 15:17

Galicia ábrelle a porta ás rebaixas a partir de mañá e os comercios poderán mantelas ata a primeira semana de abril. Este é un dos periodos máis esperado polos comerciantes, pero dende a liberalización das rebaixas semella que o seu impacto está a perder forza.

Moitos comercios, especialmente grandes cadeas de roupa e electrodomésticos, decidiron adiantar os descontos para aproveitar o tirón de compras do día de Reis. En todo caso, todos eles teñen que cumprir unhas normas.

Cómpre lembrar que aínda que sexa a través do comercio electrónico, os consumidores seguen a ter as mesmas garantias.

En todo caso, se o comprador estivese descontento co produto sempre pode reclamar a través das follas de reclamacións da propia tenda, para despois acudir as oficinas do consumidor. E non hai que esquecer que as compras por Internet teñen un dereito de desestimento de ata 14 días.

Noticias web

06/01/2019