CRTVG

Buscar

Despedida multitudinaria en El Palo, no enterro do pequeno Julen Castelló

Publicado o 27/01/2019 13:55

O barrio malagueño de El Palo despediu a Julen. Familiares e amigos arrouparon os pais do menor falecido. Porque non había sitio dabondo dentro para albergar a todos e todas os que quixeron dicirlle adeus a Julen. Familiares, amigos e veciños intentaron darlles consolo aos pais, José e Victoria. O acto relixioso celebrouse ás doce e media. Julen, por desexo dos seu pais, foi soterrado ao lado do seu irmán Oliver, de tres anos, que morreu en 2017 a causa dun infarto.

Noticias web

27/01/2019