CRTVG

Buscar

Despedida emotiva en Ferrol ante a marcha doutra fragata para unha misión da OTAN

Publicado o 22/03/2019 14:34

Moita emoción a que se viviu este mediodía no arsenal militar de Ferrol. Alí, máis dun cento de familiares despediron a dotación da fragata Almirante Juan de Borbón que partiu para integrarse coa OTAN no Atlántico norte. Durante este despregamento, que durará tres meses, está previsto que os mariños participen en varios exercicios.

Emoción, bicos, apertas e tamén moitas bágoas no momento de despedir a dotación da fragata Almirante Juan de Borbón, composta por 200 homes e mulleres.

Noticias web

22/03/2019