CRTVG

Buscar

Desmantelan unha rede internacional de proxenetas e liberan 18 mulleres

Publicado o 20/03/2021 18:49

A Policía liberou 18 mulleres en España e Romanía que eran obrigadas a prostituírse por unha rede internacional de proxenetas que tiña o seu centro de operacións en Xirona, pero que movía as mulleres polo Reino Unido, Dinamarca e Alemaña. Tatuábanas, algunhas co nome dos seus captores, para marcalas como a súa propiedade.

Entre as vítimas hai unha menor de idade. A Europol coordinou a operación policial na que participaron 180 axentes dos Mossos, da Policía Nacional e da Policía romanesa que entraron en domicilios en Figueres e en 14 de Romanía.

Houbo 19 detencións, 11 delas en Romanía e oito en España, onde arrestaron os máximos responsables da rede, que xa ingresaron en prisión por orde xudicial.

Entre as mulleres liberadas, sete en España e 11 en Romanía, había unha menor de idade á que, ademais de prostituíren, obrigaban a producir material pornográfico en vídeo e fotos. Os membros da banda usaban unha gran violencia para intimidar as mulleres.

Noticias web

20/03/2021