CRTVG

Buscar

Desmantelan unha plantación de marihuana na nave dunha antiga fábrica de calzado de luxo en Elda, Alacante

Publicado o 13/05/2019 08:20

A Policía Nacional desmantela unha plantación de marihuana en Elda, Alacante. Estaba nunha nave industrial en que se fabricou calzado de luxo ata hai 11 anos, cando a empresa quebrou. A policía atopou case medio milleiro de plantas e unha instalación eléctrica ilegal para facelas medrar.

O home que tiña alugada a nave quedou en liberdade con cargos por un delito contra a saúde pública, despois de declarar no xulgado.

 

Noticias web

13/05/2019