Desmantelan unha plantación de marihuana en Ourol
Publicado o 16/10/2019 14:36
A Garda Civil desmantela unha plantación de marihuana nunha nave de Ourol. Este é o momento en que os axentes entran nas instalacións totalmente acondicionadas para a plantación ilegal. Incautáronse de 136 plantas.
Hai catro detidos, todos veciños de Viveiro. Están acusados dun delito de cultivo de drogas e outro de defraudación de fluído eléctrico, usaban lámpadas reflectoras con lámpadas de 600 W. O elevado consumo eléctrico foi o que puxo sobre a pista a Garda Civil.