Desmantelan unha nova rede de tráfico de drogas nas costas de Andalucía
Novo golpe ao narcotráfico na Costa do Sol. Axentes da Garda Civíl detiveron 31 integrantes dunha organización delictiva de orixe británica asentada en Andalucía desde 2015 dedicada ao tráfico de drogas
Os últimos rexistros foron en Motril, El Ejido, Estepona e Fuenxirola. As primeirias averiguacións permitiron incautar no verán de 2015 case dúas toneladas de haxix que intentaban introducir en dous veleiros polo porto deportivo de Sotogrande en Cádiz coa detención de tres persoas. Sucesivas investigacións sobre o grupo en 2016 permitiron detectar novas operativas noutros portos e intervir case 7 toneladas de haxix e novas embarcacións con máis detencións.
En 2019 os axentes detectaron a chegada a España do suposto líder da organización e reactivar as indagacións o que levou a interceptación en marzo deste ano de dous barcos con case 700 quilos de haxix nas adegas e a detención de 22 persoas británicas. holandesas e españolas, estás últimas dábanlle aopio loxístico á banda.
A operación supuxo asi a detención de 31 persoas e a incautación de máis de tres toneladas de haxix.