CRTVG

Buscar

Desmantelan un grupo de narcotráfico en Tarifa

Publicado o 02/03/2020 09:51

A Garda Civil dá por desmantelada unha organización de narcotraficantes que introducía haxix na península a través do estreito de Xibraltar.

Dous veciños de Tarifa lideraban a organización que, segundo a Garda Civil, tiña unha complexa estrutura e operaba por terra e por mar. Cada un dos líderes contaba cun grupo de traballadores de confianza que facían labores de seguridade, choferes, mecánicos e porteadores. Tamén rastrexaban a costa gaditana para recoller fardos de haxix caídos ao mar que logo vendían polo miúdo ou a outras organizacións.

Noticias web

02/03/2020