Cae unha organización de narcotráfico con 64 detidos no Campo de Xibraltar
A Garda Civíl desmantela unha organización criminal dedicada ao narcotráfico de haxix en Málaga e Cádiz, unha operación que se salda con 64 persoas detidas e a incautación de oito toneladas de haxix. Tamén se aprehenderon na denominada operación "Tortilla" seis embarcacións, 16 vehículos e distintos bens, embargáronse contas e efectos cun valor de tres millóns de euros.
Coñecidos como o clan dos Pinchos, custodiaban as narcolanchas nunha dársena en Palmones, na provincia de Cádiz.
Das investigacións, nas que participaron uns 250 axentes durante un ano, despréndese que a organización introducía en España entre tres mil e seis mil quilos de haxix cada mes.
Os axentes da Garda Civíl logran interceptar ata catro alixos distintos malia que os líderes da banda cambiaban a estratexia de desembarco da droga ante a presión policial. Chegaron a realizar operacións simultáneas en Huelva, Cádiz e Málaga. Os investigadores detectan tamén branqueo e reciclaxe de capital procedente do narcotráfico, co uso de homes de palla para adquirir material náutico, e utilizando mesmo persoas en situación de marxinalidade.