CRTVG

Buscar

Desmantelan o primeiro taller clandestino de impresión de armas 3D en España

Publicado o 18/04/2021 12:31

Unha operación conxunta da Policía Nacional e da Axencia Tributaria permitiu a detención dunha persoa tras detectaren diversas compras en Internet de material susceptible de converterse en arma de fogo.

O arrestado en Santa Cruz de Tenerife ostentaba simboloxía supremacista e tiña 30 manuais de impresión de armas 3D e de tácticas militares e de guerrilla urbana.

É o primeiro taller clandestino de fabricación de armas mediante impresión en 3D desmantelado en España. Contaba con dúas impresoras 3D, varias armas de fabricación tradicional, como dúas pistolas, catanas, navallas e unha pistola táser.

Noticias web

18/04/2021