CRTVG

Buscar

Desmantelan en Madrid un clan familiar polaco que roubaba e despezaba vehículos

Publicado o 30/06/2019 12:30

A Policía Nacional detivo en Alcorcón nove persoas, todas elas dunha mesma familia de nacionalidade polaca, que formaban unha organización criminal dedicada a roubar coches, despezalos, e despois enviar esas pezas en furgóns a Polonia.

Os detidos tamén roubaban vehículos todoterreo por encargo para trasladalos despois á zona do Campo de Xibraltar, onde se vendían a organizacións dedicadas ao tráfico de drogas. A investigación iniciouse a finais do 2018 e ao clan atribúenselle 15 roubos de coches e un prexuízo de seiscentos mil euros.

Noticias web

30/06/2019