CRTVG

Buscar

Desmantelan nas Canarias unha rama dunha mafia montenegrina do narcotráfico

Publicado o 08/08/2021 11:34

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil desarticularon nas Canarias un grupo de narcotraficantes relacionados co clan Skaljari, unha mafia de Montenegro, coa detención de catro persoas, un deles un histórico dirixente das Panteras Rosas, unha banda especializada en atracos a xoierías de luxo.

A operación permitiu aprehender mais de 400 quilos de cocaína e case medio millón de euros en efectivo. A organización dispuña dunha canle de distribución da cocaína nas illas Canarias co alugueiro de vivendas en residenciais de luxo desde as que pasaban a droga a bandas locais para pasar desapercibidos.

Distintas investigacións permitiron detectar operacións para sacar diñeiro do arquipélago para introducilo no circuíto legal, e distintos transportes de estupefacientes. En dous vehículos que saíron do sur de Tenerife localizáronse 70 quilos de cocaína polo que os condutores foron detidos.
En distintos rexistros en Costa Adeje e noutras propiedades de Gran Canaria e Tenerife detectáronse 330 quilos de cocaína e case medio millón de euros. Os axentes interviñeron un vehículo, un iate, material electrónico e teléfonos encriptados que utilizaban os membros da organización criminal.

Na investigación colaboraron a Europol, a embaixada de España en Serbia e as policías de Albania e de Montenegro.

 

Noticias web

08/08/2021