CRTVG

Buscar

Desmantelada unha trama criminal de orixe polaca que operaba desde España

Publicado o 11/10/2020 17:41
Desmantelada unha trama criminal de orixe polaca que operaba desde España

Case unha tonelada de marihuana aprehendida e 81 persoas detidas en España, Polonia e o Reino Unido é o resultado dunha operación policial coordinada pola Europol e na que participou o Corpo Nacional de Policía.

A trama, de orixe polaca, dirixía desde Alacant unha extensa rede de tráfico de drogas e armas. A organización tamén se dedicaba ao roubo de vehículos, delitos violentos, contrabando de material sanitario e branqueo de capitais.