CRTVG

Buscar

Desmantelada unha rede de tráfico de cocaína en Sevilla

Publicado o 08/05/2019 08:31

A Policía Nacional dá por desmantelado un dos grupos máis activos en Sevilla dedicados ao tráfico de cocaína.

A policía prendeu polo menos seis persoas e incautouse de 58 quilos de cocaína e máis de 700.000 euros en billetes. O suposto cabeza do grupo é un coñecido empresario de hostalería que branqueaba os cartos obtidos co tráfico de drogas.

A operación realizouse en dúas fases. Empezou no mes de xaneiro coa detención de tres persoas nun aparcadoiro cando se dispoñían a distribuír os 58 quilos de cocaína. Tamén se localizou un piso franco onde se gardaba o diñeiro procedente deste negocio ilegal.

Noticias web

08/05/2019