CRTVG

Buscar

Desmantelada unha banda de estafadores que operaba en tres países da costa mediterránea

Publicado o 19/05/2020 13:56

Desmantelada unha banda de estafadores que actuaban na costa mediterránea de España, Francia e Italia. Hai cinco detidos, dous deles na localidade alacantina de Torrevieja.

Escollían as súas vítimas, a maioría persoas de idade avanzada, entre os usuarios de caixeiros automáticos aos que enganaban para conseguir as súas tarxetas e as claves de acceso.

Só en España estafaron máis de 60.000 euros ás súas vítimas e máis de 200.000 en Italia.

Noticias web

19/05/2020