Desmantelada en Madrid unha banda que comercializaba material de telefonía móbil falsificado
Publicado o 06/06/2019 13:27
A policía desmantelou en Madrid unha banda dedicada a comercializar material de telefonía móbil falsificado. Hai seis persoas detidas, todas elas de nacionalidade chinesa.
Nos rexistros efectuados durante a redada, o axentes interviñeron medio millón de compoñentes e accesorios de telefonía falsos, oito vehículos e cartos en efectivo.