Desmantelada en Castelló unha rede que vendía cadros falsos de Goya e outros artistas
Publicado o 24/10/2021 19:32
Unha rede que vendía cadros falsos de coñecidos artistas plásticos, entre outros de Goya, foi desmantelada en Castelló.
A operación policial incluíu a confiscación de 27 pinturas, que se comercializaban en Internet por un valor de 1,2 millóns de euros.
A maior parte desa cantidade, 900.000 euros, pedíana por un único cadro: La Inmaculada, que os falsificadores atribuían a Francisco de Goya. Outras obras copiaban o estilo de pintores como José Benlliure, Lucas Villaamil ou Benjamín Palencia.
Esta operación rematou con sete persoas detidas.