CRTVG

Buscar

Desinfectan o colexio británico de Vigo, pendentes dos resultados das PCR

Publicado o 07/09/2020 14:59

Iniciamos unha semana clave para a educación porque volven ás aulas os alumnos galegos de primaria. Hoxe mesmo tiñan que incorporarse os escolares no colexio británico de Vigo, pero de momento comezan co ensino en liña. Seguen esperando polos resultados de todas as probas PCR que lles fan aos profesores porque máis da metade dos que deron positivo nos test rápidos agora confírmanse como negativos nas PCR. 

Tomarán a decisión en canto teñan o resultado de todas as probas practicadas aos traballadores do centro. De momento, esta mañá procederon á desinfección das instalacións como medida preventiva. Este colexio de Mos tiña previsto iniciar hoxe as clases en secundaria e bacharelato e mañá en infantil e primaria. Pero, nas probas serolóxicas rápidas detectaron vinte posibles positivos en covid-19 entre os traballadores. Deles, máis da metade, xa foron descartados por PCR posteriores. Din que unha vez garantida a seguridade de toda a comunidade educativa abrirán de xeito presencial . Mentres, o centro ofrece a formación en liña. 

 

 

 

Noticias web

07/09/2020