Desinfección de negocios en tempos de coronavirus
Nesta empresa de desinfección non paran estes días. Hoxe é nuns estudos de gravación e dobraxe en Santiago cun tratamento de peróxido de hidróxeno e prata en moi baixas concentracións.
"Cen por cento, fronte a calquera tipo de microorganismo, falamos de bacterias, hongos virus e esporas. Por suposto, é efectivo fronte á COVID-19, ten estudos de eficacia fronte ao coronavirus, concretamente".
O tratamento emítese en forma de gas seco, polo que non molla nin condensa e chega a todas as superficies sen retirar obxectos.
"Non é corrosivo, é absolutamente ecolóxico, o peróxido de hidróxeno se degrada totalmente no osíxeno e non hai que facer ningún tipo de aclarado despois das superficies".
Un sistema e unha empresa homologados polas autoridades europeas, algo que este días non está a ocorrer sempre.
"Vemos certo intrusismo, tanto a nivel de empresas que non teñen nada que ver coa desinfección, empresas que non teñen autorización para o uso de biocidas, e incluso o uso de biocidas non autorizados".
Pasos seguros na loita contra o coronavirus.