CRTVG

Buscar

Desestimados os recursos contra o peche da instrución do accidente do Alvia en Angrois

Publicado o 29/10/2020 20:54

O xulgado de Santiago desestima os recursos de reforma interpostos contra o peche da instrución do accidente do Alvia. Así, o auto queda como estaba. Nel o xuíz ordenaba que a causa seguise contra o maquinista e o que fora director de Seguridade do ADIF por se os feitos que se lles imputan fosen constitutivos de 80 delitos por homicidio por imprudencia e 144 de lesións.

Aínda quedan por dirimir os recursos de apelacións que as partes presentaron na Audiencia Provincial da Coruña. Cando se resolvan, o peche da instrución será firme e fixarase a data para o xuízo.

 

Noticias web

29/10/2020