CRTVG

Buscar

Deseñan unha aplicación para calcular os recursos forestais

Publicado o 27/07/2021 20:40

A especie árborea, a cantidade de madeira aproveitable que hai no terreo, a altura e anchura medias ou a árbore de máis tamaño. Son algúns dos parámetros que se poden coñecer grazas a app que se proba no val de Lemos e que permite recoller todos eses datos sen necesidade de acudir á leira. Co uso de drons, satélites e aeronaves non tripuladas e cun sinxelo programa informático, o dono do terreo coñecerá incluso o tratamento forestal máis axeitado para a súa plantación.

Con esta tecnoloxía xa non é preciso medir manualmente cada árbore para saber o valor dos recursos madeireiros. A ferramenta está pensada para donos de terras forestais, pero tamén para empresas da madeira que saberán onde obter máis rendemento e, por exemplo, que maquinaria utilizar en función do terreo.

Outro obxectivo é que os prezos que se paguen pola madeira sexan o máis axustados posible á realidade e menos preditivos do que son agora.

Noticias web

27/07/2021