CRTVG

Buscar

Toda a hostalaría debe ter xa á vista os códigos QR e os límites de ocupación

Publicado o 12/03/2021 14:59

A hostalería segue tomando medidas para garantir a seguridade dos seus locais. E hoxe, todos sen excepción teñen que ter á vista dos clientes o código QR e os límites de ocupación. 

O uso do código é voluntario para os clientes. Quen queira empregalo, deberá descargar a aplicación Passcovid e escanear o código para rexistrar a súa visita ao local. Isto axudará a detectar posibles concentracións de contaxios con maior rapidez.

Os establecementos deberán manter accesible ao público e á autoridade sanitaria a súa capacidade máximo, interior e exterior. Cada local será responsable das ocupacións que declare e tamén de controlar que as porcentaxes máximas de uso sexan respectadas.

Noticias web

12/03/2021