Desde hoxe pódese presentar a declaración da renda nas oficinas, con cita previa
Publicado o 08/06/2020 11:33
A Axencia Tributaria comeza hoxe, 8 de xuño, a atención presencial nas súas oficinas para axudar os contribuíntes a persentar a declaración da renda 2019. Para acceder a este servizo é imprescindible solicitar unha cita previamente. Facenda habilitou a solicitude de cita o venres pasado.
Inicialmente, a Axencia Tributaria tiña previsto a atención presencial nas oficiñas para realizar a declaración de IRPF a partir do 13 de maio, pero tivo que atrasar este servizo polo peche das oficinas tras o decreto de estado de alarma do Goberno, pola pandemia da COVID-19.
A atención presencial este ano estará operativa menos dun mes, porque a campaña remata, como todos os anos, o 30 de xuño.