CRTVG

Buscar

Desde hoxe, os médicos portugueses poden receitar medicamentos a través do móbil

Publicado o 20/02/2019 17:53

Desde hoxe, os médicos portugueses poden receitar medicamentos a través do móbil. Unha vantaxe que será especialmente últil cando o doutor faga visitas a domicilio.

Os portugueses están dando grandes pasos ultimamente na modernización da asistencia sanitaria neste aspecto. Hai 3 anos aínda usaban receitas de papel e dende hoxe os médicos poden prescribir un medicamento a un doente cunha aplicación do seu móbil.

O paciente recíbea na tarxeta sanitaria ou nun correo electrónico. Cunha das dúas pode ir a una farmacia recoller o medicamento. Os médicos agradecen esta nova opción porque ata agora cando facían unha visita a domicilio tiñan que cargar co ordenador, un lector de tarxetas e pasar por el a súa acreditación. Agora só precisan o teléfono e unha clave. Tamén poderán estender unha receita a distancia no caso dunha urxencia, por exemplo.



 

Noticias web

20/02/2019