CRTVG

Buscar

Desde hoxe os ingleses poden viaxar a algúns países, pero non a España

Publicado o 17/05/2021 16:06

Desde hai tres días, España está participando nunha proba piloto do certificado covid, que permitirá que calquera cidadán europeo vacinados ou con PCR negativa poidan viaxar polo continente.

O presidente Sánchez avanzou que as probas marchan ben e que ese certificado podería implantarse en España a principios de verán. A entrada de turistas é chave para a economía española, pero non chegan boas novas dun dos principais países emisores: o Reino Unido permite desde hoxe viaxes ao estranxeiro, aínda que nas súas recomendacións non está España.

Noticias web

17/05/2021