CRTVG

Buscar

Descubrimos segredos das flores e do tempo baixo unha camelia centenaria

Publicado o 15/04/2021 21:37

Debaixo da camelia, unha promesa de luz. E aparece a respiración dunha paz en proceso. E aparece unha voz. A voz de Luis, un apaixonado das camelias que nos contaxia a súa paixón. E, arredor de nós, discreta, sutil, unha chuvia de pétalos interrompe a conversa.

Chámanlle a "flor de Galicia". E descubrimos os seus segredos no xardín deste café de Santiago que antes foi residencia de monxas. A árbore leva aquí arredor de 200 anos. 

Baixo a súa sombra medio rota mirar o reloxo parece ciencia ficción. Todo segue o seu curso, coma sempre. Pero quizais agora tras tanto peche esteamos reeducando a nosa mirada, o noso tempo.

Noticias web

15/04/2021