Descobren un guión inédito de Luis García Berlanga
Publicado o 10/06/2021 21:06
Once anos despois da súa morte, sae á luz o derradeiro guion de Luis García Berlanga. Estaba gardado nunha caixa de seguridade que os seus netos abriron hoxe, coincidindo co centenario do nacemento do cineasta.
Baixo o título de Viva Rusia, o guión estaba chamado a a ser a conclusión dunha tetraloxía xunto a Patrimonio Nacional, A escopeta nacional e Nacional III.