CRTVG

Buscar

A autoestradas autonómicas aplicarán descontos ás familias numerosas

Publicado o 01/07/2021 15:02

A Xunta aprobará este verán descontos para familias numerosas nas peaxes das autoestradas autonómicas A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona.

Serán preto de 27.000 as familias galegas que se poderán beneficiar desas rebaixas nas peaxes en autoestradas que dependen da Xunta de Galicia.

A volta será gratuíta para as familias que acrediten ser numerosas. O requisito é portar o dispositivo de telepeaxe no vehículo e asociar ese aparato a unha matrícula concreta, que sera recollida polas cámaras. Os equipos de lectura están instalados en 8 pórticos de entrada ás autoestradas. Está previsto que os descontos se aproben este verán.       

Noticias web

01/07/2021