CRTVG

Buscar

Descontos na AG-55 e na AG-57: rebaixas do 100 % na volta para familias numerosas

Publicado o 29/07/2021 16:16
Descontos na AG-55 e na AG-57: rebaixas do 100 % na volta para familias numerosas

E en canto ás autoestradas autonómicas, a AG-55 que vai da Coruña a Carballo e a AG-57 que é a do Val Miñor, a Xunta acaba de aprobar descontos nestas vías. Unha delas será aplicable ás familias numerosas, que terán unha rebaixa do 100 % na viaxe de volta, agás domingos e festivos. Por exemplo, unha familia que faga a ida e volta na autoestrada A Coruña-Carballo pasará a pagar 2,55 euros en lugar dos 5,10 euros actuais.

Outra das rebaixas aprobadas hoxe será alongar ata as 24 horas seguintes á viaxe de ida o desconto do 25 % na volta e do 50 % na segunda volta para os usuarios recorrentes. Ata o de agora só se aplicaban nas viaxes realizadas no mesmo día natural.

Noticias web

29/07/2021