As autovías portuguesas, dúas delas próximas a Galicia, volven rebaixar as portaxes
Portugal rebaixa de novo as peaxes. A medida comezará a aplicarse en xullo e das sete autovías afectadas por estes descontos.
A medida aprobouse a proposta do Partido Social Demócrata que desde a oposición logrou o apoio maioritario da Cámara da República. A rebaixa é a terceira que se aplica nas autovías portuguesas desde o 2010.
Para os portugueses as tarifas das peaxes son elevadas e consideran que son un atranco para o desenvolvemento do país e para a captación dos turistas que chegan en coche.
Os descontos beneficiarán tamén as empresas. Das sete autovías ás que lle afectan os descontos, dúas son as máis próximas a Galicia: A A-21 e a A-28 desde Camiña ata O Porto, polo que os galegos tamén se verán beneficiados.
A medida comezará a aplicarse o un de xuño con descontos do 50 por cento, e serán maiores ata o 75 para os vehículos eléctricos non contaminantes.