Descontos e exemplares vellos ou descatalogados na Feira do Libro Antigo de Vigo
Publicado o 30/07/2020 15:59
Con novos protocolos, pero na rúa. Desta vez, os máis antigos, os exemplares descatalogados, eses vellos volumes que non pensabamos atopar, son os protagonistas da Feira do Libro Antigo e de Ocasion que se celebra en Vigo a pesar dos límites que impón a pandemia
Na feira tamén teñen presenza librarías de Madrid, Cataluña, Valencia ou Andalucía e se poden atopar bos descontos.
Ata o domingo poden atopar na alameda viguesa interesantes compañeiros para o lecer de verán.
Libros que nos permiten achegarnos a novos mundos ou a intimidade dos seus protagonistas sen necesidade de máscara e distanciamento social.