Desconcerto en Lugo: funcionan os radares no centro da cidade?
O Concello de Lugo, nin confirma nin desmente, pero diversas informacións apuntan a que os raderes poderían non estar funcionando porque non se lles realizou a correspondente homologación, unha revisión periódica obrigatoria para que as multas poidan ter validez. A noticia e a falta dunha información oficial xera desconcerto entre os veciños. Din que os límites de velocidade se deben respectar con control ou sen el, pero sinalan tamén que se estes aparellos están aquí é por algo e deberían funcionar correctamente.
Os radares instalados na zona urbana de Lugo poderían estar apagados. Diversas fontes apuntan a que non se lles pasou a súa correspondente revisión obrigatoría, e sen esta homologación en orde non poden multar.
O responsable dos mesmos é o Concello de Lugo, que nin confirma nin desmente, alegando que se trata de información reservada que pode poñer en risco a seguridade do tráfico.
Dende a oposición critican a falta de transparencia do Goberno municipal e cren que se trata dun episodio máis de falta de control e desgoberno.
De estar fóra de funcionamento, a falta de control dos radares súmase aos problemas de tráfico derivados da falta de axentes da Policía Local.