CRTVG

Buscar

Descobren unha plantación de marihuana tras producirse un incendio

Publicado o 07/12/2020 14:24
Descobren unha plantación de marihuana tras producirse un incendio

Un incendio declarado a pasada madrugada nun alpendre en Vilagarcía destapou unha plantación de marihuana. Ocorreu en Trabanca Badiña. Cando os bombeiros chegaron ao lugar tiveron dificultades para acceder ao interior porque o recinto estaba selado con poliuretano.

Ademais había un gran risco eléctrico, xa que a plantación tiña enganchada a luz de forma ilegal. Segundo os bombeiros, o lume puido iniciarse ao arder un dos motores que daba servizo de rego ás plantas de marihuana.

O propietario do alpendre prestou declaración en comisaría. Dixo que o tiña alugado, pero que non lembraba a quen.

Noticias web

07/12/2020