CRTVG

Buscar

Súmase unha nova morte nunha xornada cos indicadores da covid á baixa en Galicia

Publicado o 08/05/2021 19:56

• Nas últimas horas rexistráronse 191 novos positivos

• Baixan os casos activos en todas as áreas agás en Lugo e Ferrol

Nas últimas horas Sanidade notificou un falecemento por mor da covid. Trátase dunha muller de 92 anos que morreu no CHUAC o venres, 7 de maio, e que presentaba patoloxías previas. Con estes datos, a cifra total de falecidos ascende a 2.394 en Galicia dende o inicio da pandemia.

Os casos activos descenden este sábado ata os 3.023, son corenta menos con respecto á xornada anterior. A baixada prodúcese en todas as áreas sanitarias, agás en Lugo e Ferrol. Nas últimas horas tamén se rexistrou un leve descenso dos contaxios diarios (-4), con 191 novos positivos, dos que se confirmaron 168 por PCR. 

No tocante aos hospitais, os ingresos mantéñense por debaixo dos 200, con menos hospitalizados, tanto nas UCI (-2), que contan con 43 pacientes, coma en planta, onde hai 149 (-3). 

 

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias

A Coruña: 703 (-2)

Vigo856 (-21)

Ourense257 (-15)

Santiago407 (-1)

Lugo228 (+5)

Pontevedra481 (-11)

Ferrol91 (+4)