CRTVG

Buscar

Galicia, a comunidade onde máis baixou o paro, cun descenso de 4.253 persoas

Publicado o 02/08/2019 15:46

Galicia é a comunidade onde máis baixou o paro, porcentualmente, no último ano: máis dun sete e medio por cento. En xullo borráronse das listas máis de 4.300 persoas, o que supón case un 2,8% menos que o mes anterior. O número de desempregados queda en case 151.000.

Galicia tamén destaca nos datos da Seguridade Social. É a comunidade onde máis persoas se afiliaron no mes pasado, 12.300, consolidando o número de ocupados por riba do millón.

No conxunto de España, arrefríase o mercado laboral. O paro baixou en 4.200 persoas, apenas unha décima con respecto do mes anterior, é a caída máis baixa para un mes de xullo dende hai once anos. Deste xeito, o total segue sen baixar da barreira dos tres millóns de desempregados. Para a ministra de Economía, isto débese a que medrou a poboación activa.

A cifra de ocupados segue medrando, pero a un ritmo máis lento. A Seguridade Social marca un novo máximo, 19 millóns e medio de afiliados, a pesar de que só se rexistraron 15.000 traballadores máis, o segundo peor dato da serie histórica para un mes de xullo.