CRTVG

Buscar

Descenden un 7,7 % os nacementos en Galicia de xaneiro a abril

Publicado o 07/06/2021 11:57
Descenden un 7,7 % os nacementos en Galicia de xaneiro a abril

Os nacementos rexistrados en Galicia desde xaneiro ata a abril 2021 descenderon un 7,71 % respecto ao mesmo período do 2020, segundo publicou este luns o Instituto Nacional de Estatística. Por provincias, a diminución máis alta rexistrouse en Lugo, cun 10,91 %, e máis baixa foi en Ourense, cun 4,48%. A caída de nacementos en Galicia modérase no mes de abril, posto que a baixada acumulada ata marzo era do 10,92 %.

No conxunto do estado, os nacementos seguen a súa tendencia á baixa iniciada hai cinco anos. Nos catro primeiros meses deste 2021 naceron 105.141 nenos. Segundo os datos publicados polo IN, en 2020 naceron en España entre xaneiro e abril 111.941 nenos. O máximo rexistrouse no 2016, con 199.387 nacementos.

Noticias web

07/06/2021