Descenden os casos activos ata os 7.748 (-318), a menor baixada en 19 días
• As cifras de ingresados nas UCI mantéñense en 146
• A positividade encadea oito días por debaixo do 5 %

A terceira vaga continúa o seu descenso, aínda que con menor ritmo. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 7.748 persoas enfermas de covid-19 en Galicia, 318 menos ca onte. É a xornada co menor descenso de casos dende o catro de febreiro, cando comezou a acelerarse a baixada.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:
A Coruña: 2.524 (-123)
Vigo: 1.214 (-47)
Pontevedra: 1.036 (-42)
Santiago: 838 (-31)
Lugo: 767 (-28)
Ferrol: 817 (-21)
Ourense: 552 (-26)
Estabilidade nas UCI, baixada en planta
Redúcese a presión asistencial, aínda que só no que respecta ás persoas hospitalizadas en planta. Hai en total 693 persoas ingresadas no país: 146 nas UCI, igual ca onte, e 547 en planta (-36).
Onte Sanidade notificou o pasamento de once persoas por mor da covid-19, o que eleva a cifra de vítimas da pandemia a 2.187 en Galicia. Entre os falecidos había un home de 56 anos sen patoloxías previas.
Oito xornadas por debaixo do 8 %
Segundo o Sergas, onte fixéronse 5.109 probas PCR (-2.112), das cales deron positivo 189. É o menor número de positivos en PCR dende que hai datos dispoñibles.
Mapa de incidencia por concellos
Agora os niveis de incidencia (os tres tramos trazados cos limiares de 250 e 500) cobran especial importancia. A Xunta dividiu Galicia en tres niveis con distintas restricións, que podes consultar aquí.