CRTVG

Buscar

Descenden os casos activos (-373), sitúandose por debaixo do pico da segunda vaga

Publicado o 24/08/2021 10:33

• Diminúe en grande medida a presión asistencial (-31)

• A área sanitaria de Lugo é a única que suma novos casos activos

Descenden os casos activos (-373), sitúandose por debaixo do pico da segunda vaga

A xornada de hoxe comeza cunha baixada dos casos activos (-373), establecendo o número nos 10.038, unha cantidade inferior ao pico da segunda vaga por covid, que estaba nos 10.368. 

Con respecto ás PCR, estas tamén descenden con respecto ao día anterior (-43), aínda que aumentan as probas positivas na área sanitaria de Lugo e na de Santiago. O número total é de 403.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 2.282 (-147)

A Coruña: 2.930 (-166)

Pontevedra: 884 (-61)

Santiago: 1.202 (-9)

Ourense: 697 (-17)

Lugo: 1.292 (+61)

Ferrol: 751 (-34)

A presión asistencial experimenta un descenso importante, despois de varios días á alta. Así, actualmente hai 58 persoas en coidados intensivos (-5) e 242 en planta (-26). Por outra banda, o Sergas notificou o falecemento de seis persoas diagnosticadas con coronavirus, aumentando o número de decesos ata os 2.546 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos