CRTVG

Buscar

Dúas novas mortes nunha xornada de descenso dos casos activos (-149)

Publicado o 04/08/2021 20:30

• Morre unha muller de 79 anos no CHUO e un home de 78 en Povisa

• Aumentan as persoas ingresadas en UCI (+4), pero baixan as hospitalizacións (-4)

 

Dúas novas mortes nunha xornada de descenso dos casos activos (-149)

Aínda que soben os contaxios diarios, os casos activos seguen descendendo. O Sergas notificou 18.622 casos activos na xornada de hoxe, 149 menos ca no día anterior. Consolídase así a baixada de contaxios en Galicia. 

Por outra banda, aumentaron as PCR positivas diarias: 1.074, 196 máis que na xornada actual. A maioría na área sanitaria de Vigo, que hoxe suma 380 PCR positivas, mentres que a área da Coruña baixa das 300.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 4.646 (+56)

A Coruña: 4.144 (+53)

Pontevedra: 2.703 (-191)

Santiago: 2.216 (-44)

Ourense: 1.664 (-51)

Lugo: 2.231 (-26)

Ferrol: 1.037 (+47)

No caso da presión asistencial, soben lixeiramente os ingresos en UCI (+4), pero baixan as hospitalizacións en planta (-4).

Nas últimas horas Sanidade notificou dúas novas mortes vencelladas á covid. Trátase dunha muller de 79 anos que faleceu hoxe, mércores, no CHUO e un home de 78 que morreu en Povisa. Ambos tiñan patoloxías previas. Anteriormente, o martes comunicáranse outras cinco. Dende o inicio da pandemia morreron 2.481 persoas en Galicia.

Mapas de incidencia por concellos