CRTVG

Buscar

Baixan lixeiramente os casos nos colexios, que seguen por riba dos 480

Publicado o 15/10/2020 15:23
Baixan lixeiramente os casos nos colexios, que seguen por riba dos 480

O Sergas notificou un descenso de dous casos activos vencellados a centros educativos. Do total, 184 pertencen á área sanitaria de Ourense, a máis afectada, onde segue pechado un colexio de Celanova.

A situación por áreas queda así:

• Ourense: 184 (+3)

• A Coruña: 76 (-6)

• Santiago: 73 (-2)

•  Vigo: 70 (+5)

•  Pontevedra: 42 (-4)

•  Ferrol: 21 (+2)

• Lugo: 18 (=)

No tocante ás aulas pechadas, en Galicia hai 25, dúas máis ca onte. É o resultado de poñer en común os balances de aulas pechadas das áreas, en que na da Coruña ten unha máis aberta, Vigo unha máis pechada e Lugo, tres.

En Ourense, segue pechado un centro, a E.I. María Ana de Celanova.

As aulas pechadas por áreas quedaría:

• Ourense: 7 (=)

• A Coruña: 6 (-1)

• Santiago: 5 (=)

•  Vigo: 4 (+1)

• Lugo: 2 (+2)

•  Pontevedra: 1 (=)

•  Ferrol: 0 (=)

 

Preme pasa ver a listaxe completa de colexios.