Descenden a 77 os contaxios nas residencias de maiores
Publicado o 31/08/2021 15:33

Mellora a situación nas residencias de maiores. Os contaxios nestes centros baixan ata os 77. Nas últimas horas recibiron a alta 33 usuarios da residencia As Gándaras, en Lugo. Deste xeito, redúcese á metade o número de contaxiados nesta residencia. Tamén negativizaron 36 usuarios do centro de atención a persoas con discapacidade de Chapela, en Redondela.