CRTVG

Buscar

Galicia rexistra dous novos falecidos o día en que baixou dos 3.000 casos activos

Publicado o 13/05/2021 11:14

• Baixan os contaxios tras 145 novos positivos

• Ás áreas de Vigo e A Coruña teñen datos semellantes

Galicia rexistra dous novos falecidos o día en que baixou dos 3.000 casos activos

O Sergas notificou esta tarde o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus: un home de 85 anos, no CHOP, e dunha muller de 85 anos, no CHUAC. As persoas falecidas padecían patoloxías previas, segundo confirmou Sanidade. Os decesos destas últimas horas elevan a 2.399 as vítimas da pandemia en Galicia

Galicia baixa dos 3.000 casos activos

Descenden os casos activos de coronavirus. O Sergas informa de que en Galicia hai 2.954 persoas diagnosticadas de covid−19, tras 145 novos positivos. As áreas máis afectadas seguen sendo ás da Coruña e Vigo, con datos moi semellantes. 

Por áreas sanitarias, a repartición dos casos quedaría así:

A Coruña: 670 (-32)

Vigo: 859 (-29)

Ourense: 225 (-6)

Santiago: 422 (-7)

Lugo: 204 (-12)

Pontevedra: 474 (-10)

Ferrol: 99 (-2)

Mellora a situación hospitalaria

No tocante á situación hospitalaria, a presión asistencial mellora, con tres pacientes menos en planta. O total de pacientes é inferior en nove personas. Hai en total 188 persoas ingresadas: 148 en planta e 40 nas UCI. 

Positividade do 2,11 % nas probas PCR

Os 145 novos casos son o 2,11 % de diagnósticos positivos de 6.864 probas PCR. O Sergas confirmou 136 casos de coronavirus por PCR.

 


Noticias web

13/05/2021